- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide paga nunha media de 7 días aos seus proveedores
22/01/2018. - Os datos extráense do último informe de intervención con data de 12 de xaneiro
MELIDE 22 de xaneiro de 2019.- O prazo medio de pago aos proveedores do Concello de Melide é de 7,02 días dende a aprobación da correspondente factura. Así se recolle no último informe de Intervención municipal que se elabora trimestralmente para dar por cumprida a súa obriga á Administración central do Estado da facenda municipal con data de 12 de xaneiro.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, fixo públicos estes datos e sinalaba que “o obxetivo é sempre ir mellorando e rebaixando o prazo actual, algo que conseguimos cada trimestre”, ao que engadía que “o Concello de Melide cumpre unha vez máis, como non podía ser doutro xeito, co obxetivo de estabilidade orzamentaria do Goberno central e coa regra de gasto”.