Novas

Máis novas

Melide acondicionará o parque da urbanización Taboada Roca cun investimento que ascende a 117.000 euros

27/04/2017. Trátase dunha actuación totalmente necesaria que trata de conxugar a rehumanización dun parque que non se encontra en condicións óptimas de utilización para dotar de equipamento a un terreo que actualmente se encontra desaproveitado e en condicións pouco adaptadas ao público infantil.

O Concello de Melide propón un proxecto innovador e restaurador do terreo cercano á Piscina Climatizada Municipal que actualmente se encontra en condicións pouco aceptables para o xogo infantil. Será un investimento de 117.000 € que supoñerá a restauración dun parque con elementos actualmente moi deteriorados e pavimento de area para implantar unha nova dotación de caucho, homologada, con novos xogos, e con zonas diferenciadas para maiores e pequenos que fai moito máis atrativa a propia área deportiva que o goberno local quere implantar nesta localización. 

Coa proximidade da Piscina Climatizada Municipal, a reubicación das pistas de pádel e o acondicionamento cun parque infantil moi adaptado ás necesidades da área a concentración de oferta deportiva e familiar supoñerá un abano de posibilidades a todos os veciños e veciñas de Melide que acudan a facer deporte. Con esta reubicación das pistas de pádel e restauración total da parcela que actualmente se encontra case en estado de abandono, segundo fontes do goberno local, a rehumanización do espacio e a concentración de oferta deportiva ás familias medra nun entorno residencial privilexiado. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp