- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello abre o prazo para participar no programa Bule Melide
22/01/2018. Na pasada edición contou con case un centenar de participantes
MELIDE 22 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa concellería de Igualdade e Benestar, pon en marcha unha nova edición do programa de ximnasia adaptada ás persoas con enfermedades crónicas, que este ano como novidade pasará a denominarse Bule Melide.
O prazo para inscribirse está aberto dende o día de hoxe e ata o 1 de febreiro e para poder participar neste programa as persoas teñen que anotarse no departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, estar empadroados en Melide e precisar os tratamentos que se adaptan as patoloxías individuais de cada veciño. O programa Bule Melide comezará o vindeiro 5 de febreiro.
Bule Melide, que así pasa a denominarse o antigo Bule con Alcer, pasará a ser financiado e organizado completamente dende as instalacións municipais, de aí o cambio do seu nome. Esta actividade é a que máis éxito ten das que se organizan dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide e na que participan cada ano preto dos cen veciños e veciñas. A actividade organízase dous días en terra, con accións en aula e un día en auga, con diferentes exercizos na piscina municipal climatizada. A maiores das actividades específicas os participantes tamén realizan diversas saídas ao longo do ano así como acuden a charlas informativas sobre temas que teñen que ver coa súa saúde, mellorando así a súa calidade de vida.
Dalia García, alcaldesa de Melide animaba aos veciños e veciñas con diferentes patoloxías a participar nesta ximnasia terapéutica que “os axuda a mellorar o seu día a día e que cada ano conta con máis éxito, xa que dende que comezamos con este programa, cada edición conta con máis afluenza de público e son os propios veciños os que nos contan as súas melloras nas enfermedades crónicas que padecen grazas ao programa Bule”.