Novas

Máis novas

Máis de 30 familias benefícianse das axudas municipais a prol da natalidade

20/01/2018. As axudas que se resolveron estes días repartirán 9.300 euros entre as familias que tiveron fillos en Melide durante o pasado ano 2017

MELIDE 20 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide vén de resolver a convocatoria de axudas municipais a prol da natalidade que beneficiarán a 31 familias da vila. Serán un total de 9.300 euros das arcas locais que se repartirán en 300 euros para cada familia solicitante.

Con esta medida o Concello de Melide pretende axudar a aqueles veciños e veciñas que decidiron ter fillos no pasado ano 2017 e que están afincados en Melide, xa que un dos requisitos para poder optar a estas axudas é estar empadroado na vila cunha antigüidade de seis meses no momento de facer a solicitude.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explicaba que “con esta contía queremos premiar á xente que ten fillos na vila e que decide quedarse quedarse a vivir nela. Somos coñecedores que un fillo ou filla ten moitos gastos e queremos aportar o noso pequeno gran de área aos nosos veciños”. “Na actualidade a nosa vila conta cunha gardería municipal e cunha Escola Infantil Galiña Azul, así como tamén con tres colexios e numerosos espazos de xogos para os máis cativos, estas axudas non son máis que un aliciente máis para facer de Melide unha vila idónea para as familias con fillos”.

García engadía que “nestes primeiros meses do ano 2018 tamén convocaremos estas pequenas axudas para seguir premiando dalgún xeito a xente que ten fillos en Melide, xa nas contas de este ano está prevista esa contía e unha vez aprobadas faranse públicas a través dos diferentes medios de comunicación”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp