Novas

Máis novas

Melide e Campaña Horeca axudarán coa reciclaxe de vidro aos hostaleiros

19/01/2018. A campaña Horeca ponse en marcha en Melide nuns 75 establecementos de Melide

MELIDE 19 de xaneiro de 2018.-  O Concello de Melide, xunto coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e a asociación sen ánimo de lucro “Ecovidrio” poñen en marcha unha campaña de reciclaxe de vidro no sector da hostalería que ten como obxectivo facilitar a bares, cafeterías, restaurantes, pubs e demais establecementos do sector a recollida e depósito do vidro destinado á reciclaxe.

Para elo, un novo dispositivo que consiste nun cubo con rodas e adaptado para as barras dos locais e un contedor de rúa con boca ancha, específico para hostelaría, permitirán facilitar o traballo de reciclaxe evitando que os profesionais da hostalería teñan que poñer unha por unha as botellas no depósito. Para elo, dispoñerán dunha chave para a apertura do depósito e dun mecanismo elevador que axudará no volcado do cubo no contedor da rúa. 

A presentación da campaña tivo lugar na xornada de hoxe no salón de plenos do Concello de Melide e contou coa presenza de María Cruz Ferreira, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Germán Fernández, xerente de Ecovidrio Galicia e Dalia García, alcaldesa de Melide.


O Concello de Melide, pon en marcha esta campaña de sensibilización, cuxa finalidade é impulsar a reciclaxe de vidro nos establecementos hostaleiros do municipio. A iniciativa, denominada Horeca (hostalería, restauración e catering) está dirixida a uns 75 profesionais da vila.

SISTEMA VACRI
O método de contenerización que emprega denomínase “VACRI” e consta de dúas ferramentas básicas: por un lado un cubo adaptado, que emprega o hostaleiro, e por outro lado, un iglú adaptado cunha nova boca de entrada denominada boca “porta de bar” que presenta unhas dimensións mais grandes do habitual e cun sistema hidráulico que facilita a elevación do cubo sobre o iglú. 
 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp