Novas

Máis novas

A riqueza arquitectónica, cultural e gastronómica melidense representada en FITUR

17/01/2018. Melide xunto con outros concellos da contorna estará representado en FITUR a través da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés

MELIDE 17 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide estará presente na Feira Internacional de Turismo, FITUR, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro domingo 21 de xaneiro en IFEMA, Madrid.

Así, a través de diferentes folletos informativos e imaxes, as persoas que visiten o stand da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés poderán coñecer de primeira man a riqueza paisaxística, cultural, arquitectónica e gastronómica da nosa vila.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, agradecía a oportunidade brindada pola Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés para que Melide sexa unha das vilas deste colectivo que esté presente en FITUR este ano. Explicaba que “trátase dun evento ao que asisten persoas de todo o mundo e é un perfecto escaparate de todo o que Melide pode ofrecer ao turismo”. Ao mesmo tempo engadía que “dende o concello poñemos en marcha diferentes inciativas para ofrecer o mellor servizo á xente que nos visita, temos guías dispoñibles en nove idiomas, contratamos na época de máis afluenza de visitantes tres técnicos de turismo que resolven as dúbidas dos que se achegan a Melide e este verán de xeito pioneiro puxemos en marcha un autobús cun guía que durante as tardes amosaba a nosa riqueza patrimonial, cultural e paisaxística a todos os que quixeron coñecer máis dela, de xeito totalmente gratuito”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp