- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide mellora as instalacións da piscina municipal descuberta
11/01/2018. O traslado e revisión da maquinaria da piscina municipal de adultos ten un custe de preto de 25.000 euros
MELIDE 11 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide realiza estes días melloras na instalación da piscina municipal descuberta instalada na Área Recreativa do Río Furelos.
Despois da época estival, dende o goberno local revisan que toda a maquinaria esté en bo estado así como tamén se deu luz verde ao traslado da maquinaria do vaso da piscina de adultos ao exterior. Esta maquinaria atópase na súa nova ubicación, a carón da piscina de adultos, sendo éste un lugar apropiado para este mecanismo, mellorando así o funcionamento do vaso de compensación desta instalación.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, explica que “con esta mellora, a maiores de adaptarnos á normativa vixente tamén melloramos na idoneidade da piscina que segue sendo gratuita para os veciños e as persoas que nos visitan ao longo dos meses de verán”.
“A maiores, dende o concello non deixamos de traballar nas instalacións públicas para ofrecer un mellor servizo aos nosos veciños. Hai uns días publicábase a orde da Xunta de Galicia para o fomento do emprego coa contratación de socorristas para o verán 2018. Faremos os trámites pertinentes para que Melide poida contar o vindeiro verán con socorristas cofinanciados pola Xunta de Galicia como aconteceu en anos anteriores”.
A Área Recreativa do Río Furelos conta con dous vasos piscina, un para infantil e outro para adultos. Durante o verán, son moitas as familias que elixen este lugar para pasar os días e tardes estivais.