- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Juanjo Albiñana, Xosé A. Touriñan e Pepo Suevos no Ciclo de Monólogos de Melide
10/01/2018. Todas as actuacións terán lugar na Casa da Cultura de Melide
MELIDE 10 de xaneiro de 2018.- A Casa da Cultura de Melide acollerá durante o primeiro trimestre do ano un Ciclo de Monólogos que acollerá as actuacións de Juanjo Albiñana e dos galegos Xosé Antonio Touriñán e Pepo Suevos.
A primeira actuación terá lugar o venres 19 ás 21.30h da noite na Casa da Cultura e correrá a cargo de Juanjo Albiñana. Cómico, actor e monologuista de televisión coñecido polo seu traballo no programa “Nuevos Cómicos “da canle ParamountComedy así como as súas aparicións no Club de la Comedia. As entradas xa están á venda no estanco da vila e na tenda de discos a un prezo de seis euros. O propio día tamén poderán mercase as entradas en billeteira cun prezo de dez euros.
Xosé Antonio Touriñán, o coñecido actor e presentador galego, tamén estará presente na programación cultural na Casa da Cultura neste trimestre. A súa cita cos veciños e veciñas de Melide será o venres 23 de febrero ás 21.30h. Touriñan presentará en Melide o monólogo “Manolo Lojo” que provocará sorrisos entre os público.
A programación do Ciclo de Monólogos de Melide rematará coa actuación de Pepo Suevos que ten data no calendario melidense para o sábado 24 de marzo ás 22h da noite. Suevos ten participado en series exitosas como Matabloso, Padre Casares, Mareas Vivas ou Pratos Combinados.
As entradas tanto para a actuación de Xosé Antonio Touriñán como para Pepo Suevos, poñeranse á venda nas vindeiras semanas.