Novas

Máis novas

Melloras no lavadoiro de Pedrouzos no Plan de Conservación Mantemento das parroquias do Concello de Melide

10/01/2018. O Concello de Melide realizou no pasado 2017 varias actuacións nas parroquias da vila, mellorando así a calidade de vida dos veciños e veciñas do rural

MELIDE 9 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide acomete varias actuacións de mellora do lavadoiro da parroquia de Pedrouzos, que actualmente se atopaba moi deteriorado.  Esta actuación enmarcouse dentro do Plan de Conservación e Mantemento das parroquias que se leva executando ao longo destes anos. 

As obras realizadas polo Concello de Melide neste lavadoiro consistiron na sustitución do tellado desta infraestrutura por un novo e na mellora do firme. Canalizouse e botouse formigón á superficie para permitir o paso adecuado do gando e dos veciños. A mesmo tempo, tamén se recuperou a propia fonte do lavadoiro e creouse un espazo enriba dunha plantaforma de cemento para colocar varios contedores: o orgánico, o de vidro e o de papel.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explicaba que as obras no lavadoiro de Pedrouzos “permitirán aos veciños recuperar unha infraestrutura moi antiga e que forma parte da historia desta parroquia, lugar de encontro para as xentes do lugar e ao mesmo tempo que forma parte da simboloxía galega rural. A maiores mellorará a confortabilidade deste servizo, moi utilizado polos veciños así como tamén polo gando da zona”.

OUTRAS MELLORAS NAS PARROQUIAS

As últimas melloras levadas a cabo dentro deste Plan de Conservación e Mantemento das Parroquias foron a limpeza e as actuacións de mellora no lavadoiro da parroquia das Cazallas e de A Garea, así como a limpeza de maleza de fontes en San Cibrao e San Martiño das Varelas. Tamén se incrementaron en diferentes parroquias as illas acementadas con contedores, orgánicos, de vidro e papel.

INCREMENTO DOS PUNTOS DE RECICLAXE NAS PARROQUIAS

O Concello de Melide quere que os veciños e veciñas do rural teñan as mesmas posibilidades que os do entorno urbano no que corresponde á reciclaxe. É por iso, que continuará coa labor de colocación de illas acementadas para facilitar o proceso de reciclaxe tamén no rural melidense. A vindeira actuación deste tipo terá lugar no treito do Camiño de Santiago a súa entrada en Melide. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp