- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide participa na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña
08/01/2018. O Concello de Melide participa un ano máis na campaña de esquí na que cinco nenos da vila poderán gozar dunha estancia en Manzaneda
MELIDE 8 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide colabora un ano máis coa Deputación da Coruña na súa campaña de esquí. Este ano terá lugar na Estación Invernal de Manzaneda.
Os nenos e nenas de Melide deberán facer a súa inscrición no departamento de Cultura do Concello de Melide e terán de prazo ata o 16 de xaneiro para facelo.
Son 5 as prazas que a Deputación lle adxudicou a Melide. Unha vez rematado o prazo de preinscrición, no suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, o Concello de Melide fará un sorteo público ante a secretaria do concello para adxudicalas.
Os participantes desfrutarán dunha fin de semana con aloxamento e manutención, ademais dos cursos de esquí e outras actividades que se levarán a cabo durante a fin de semana.
A quenda que lle corresponde aos participantes de Melide é a terceira que terá lugar do 23 ao 26 de febreiro de 2018.
Todos aqueles rapaces e rapazas da provincia nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007 residentes en calquera municipio da provincia e que queiran desfrutar dunha fin de semana de estadía na neve, deberán realizar a preinscrición no seu concello.