- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A casa da cultura acolle unha exposición dos cadros dos alumnos da actividade de pintura
05/01/2018. A exposición estará aberta ata o 22 de xaneiro con entrada libre e gratuita e poderá visitarse en horario de tarde
MELIDE 5 de xaneiro de 2018.- A sala de exposicións da casa da cultura de Melide acolle dende hai uns días unha mostra do traballo realizado polo alumnado da actividade de pintura o apsado ano. Trátase dunha exposición que estará aberta ata o 22 de xaneiro e que poderá visitarse en horario de tarde dende ás 17h e ata as 21h.
A actividade de pintura é unha das opcións que ofrecen as escolas culturais do Concello de Melide cada ano. Normalmente o alumnado amosa os seus cadros dúas veces ao ano: a comezos do mes de xuño, coincidindo co final da actividade e no mes de xaneiro, coincidindo co inicio do ano.