- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide aforra máis dun 80% nos gastos dos servizos da Galiña Azul e da Residencia da Terceira Idade
05/01/2018. O acordo fíxose unha realidade ao remate do exercizo deste ano 2017, grazas as xuntanzas de traballo que a alcaldesa mantivo co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
MELIDE 5 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide cofinancia de maneira equilibrada coas súas necesidades municipais xunto co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar os gastos da Galiña Azul e da Residencia da Terceira Idade. Esta era a conclusión que se extría da última xuntanza de traballo que a alcaldesa de Melide, Dalia García e técnicos municipais tiveron co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez. Conclusión que é unha realidade e que veu de materializarse ao peche do exercizo de 2017 por parte do goberno municipal.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, na xuntanza de traballo na que participaba xunto co xerente do Consorcio, dáballe a coñecer pormenorizadamente os gastos derivados do servizos da Galiña Azul e da Residencia da Terceira Idade aos que o Concello de Melide tiña que facer fronte en solitario. Despois deste encontro, o Consorcio e o Concello chegaban ao acordo de cofinanciar estes servizos de maneira conxunta. Tal é así, que o acordo quedou reflectido xa no remate do exercizo deste 2017, e “ finalmente son 61.617,07 euros a parte que lle toca pagar ao concello para sufragar estes dous servizos nesta anualidade”, explica a alcaldesa. “Gracias a este acordo regularízase ao fin unha situación que supón un aforro importante para as arcas municipais, máis do 80% con respeto ao que pagabamos, antes polo que repercutirá de maneira positiva nos veciños e veciñas da vila, gozando igualmente dos servizos da Galiña Azul e da Residencia da Terceira Idade”, engadía García. “Tanto a Galiña Azul, con 62 prazas na actualidade e todas cubertas como a Residencia da Terceira Idade unha das máis completas que posúe a nosa provincia, son dous servizos moi demandados pola nosa veciñanza”, conclúe a rexedora.