Novas

Máis novas

Melide acolle unha nova edición do Invernovespa

26/01/2018. Vespas chegadas dende toda Galicia e fóra dela achegaranse esta fin de semana a Melide

MELIDE 26 de xaneiro de 2018. – Melide colle esta fin de semana unha nova edición do Invernovespa. A Asociación Golfos Ártabros Escúter Club elixe un ano máis a nosa vila para a concentración de vespas. O día grande será o domingo pero xa o sábado comezarán a chegar os participantes. Os asistentes lucirán as súas motos por Melide e compartirán unha comida de confraternidade nun restaurante da vila. 

Nesta edición, que xa cumpre oito anos celebrándose en Melide está previsto que se congreguen máis de 100 escuteristas entre vespas e lambretas. A xornada de máis actividade será o domingo cando ás 11h da mañá se concentren todos os participantes no Palacio de Congresos, será ás 13.30h cando os asistentes gocen dun paseo pola vila enriba dos seus vehículos de dúas rodas e para as 14.30h está fixado o xantar.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp