Novas

Máis novas

Melide acolle unha xornada de Contos Musicados na Casa da Cultura

25/01/2018. Os rapaces do conservatorio de Melide serán os protagonistas

MELIDE 25 de xaneiro de 2018.- A Casa da Cultura de Melide será lugar de encontro para rapaces e rapazas dos tres colexios da vila que se citarán ás 11.30h da mañá para compartir unha sesión de Contos Musicados. Os encargados de poñer en marcha esta iniciativa será o alumnado do Conservatorio de Música de Melide que serán os que poñan a banda sonora a dous contos populares. Xan Pérez, actor e veciño de Melide, poñerá a súa voz para narrar A Carapuchiña Vermella e o Flautista de Hamelide (conto adaptado á nosa vila).

Na actividade participarán os rapaces dos tres colexios de Melide e moitos deles poderán ser protagonistas do propio espectáculo xa que algún dos alumnos do conservatorio melidense que se atopen entre o público, poderán subir ao escenario.

MÚSICAS DO MUNDO

O Conservatorio de Melide prepara un concerto de entroido titulado “Músicas do Mundo”, que será interpretado polo alumnado e profesorado deste colectivo. Terá lugar ás 20.30h na Casa da Cultura de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp