Novas

Máis novas

O Concello de Melide reparte entre os comercios e veciños da vila o calendario do ano 2018

28/12/2017. Estes días persoal da administración local reparte os calendarios entre os comercios da vila, os veciños poderán achegarse ao Concello para conseguir o seu exemplar

MELIDE 28 de decembro de 2017.- A poucos días para o remate do ano, o Concello de Melide reparte estes días entres os comercios da vila calendarios do 2018 de xeito gratuito.

Os veciños e veciñas da vila tamén poderán conseguir o seu calendario achegándose ata as instalacións da Casa do Concello onde se lles facilitará un almanaque ata fin de existencias.

A temática do calendario do vindeiro ano profundiza nos topónimos das vilas protagonistas: Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei.

O calendario está elaborado polo servizo de Normalización Lingüística que comparten os concellos de Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei e está composto por 12 láminas de imaxes dos concellos participantes así como tamén cunha contraportada na que se atopan os teléfonos de interese destes municipios. Cada folla, permitirá aos veciños e veciñas mirar os días festivos ou coñecer cales son as lúas correspondentes a cada mes, así como observar as imaxes que recollen a beleza de cada municipio participante.

Dende o Concello de Melide, a alcaldesa Dalia García anima a todos os veciños e veciñas a que se acheguen ata a casa consistorial para recoller o seu exemplar que poderán colgalo nas súas casas durante todo o vindeiro ano, aprendendo un pouco máis sobre os topónimos dos concellos de Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp