- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Nova cuberta para as gradas do campo de fútbol municipal de Melide
27/12/2017. Esta cuberta, atópase moi deteriorada dende o temporal Kurt e o goberno local decidiu cambiala, mellorando así as instalacións municipais
MELIDE 27 de decembro de 2017.- O Concello de Melide mellora as instalacións do campo de fútbol municipal reforzando a estrutura metálica da súa gradería. A obra principal que se está levando a cabo é a retirada total da urelita que cubría este espazo e que se atopaba moi deteriorada polo paso do tempo así como tamén polas diferentes inclemencias meteorolóxicas que azoutaron a vila no último ano, especialmente o temporal Kurt, que deixou moi danada esta cuberta. A maiores do recambio da cuberta do campo de fútbol municipal tamén se está a reforzar a pintura da estrutura metálica.
Tanto a alcaldesa de Melide, Dalia García, como a concelleira de Deportes, Dolores Gómez, apuntan a que se trata “dunha obra de importancia xa que se retira unha cuberta que se atopaba en malas condicións reforzando así a estrutura coa colocación dun novo material moito máis resistente”.
OUTRAS MELLORAS NO CAMPO MUNICIPAL
O goberno local de Melide acometeu neste 2017 outras melloras no campo de fútbol municipal. Esta instalación durante o temporal Kurt, o pasado febrero, sufriu unha serie de desperfectos como foron, entre outros, a rotura de redes de protección. O Concello de Melide arranxou estes problemas coa restitución destas redes co seu correspondente fuste, así como o acondicionando de varios detalles do perímetro deste campo de fútbol.