- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide renova a iluminación de varias rúas mellorando a súa eficiencia enerxética
26/12/2017. Sustituíronse un total de trece puntos de luz por alumeado led de 40 watios en rúas moi próximas ao Camiño de Santiago
MELIDE 26 de decembro de 2017.- O Concello de Melide vén de sustituír diferentes puntos de luz en diversas rúas da vila por outro sistema led que axudará a mellorar a eficiencia enerxética da localidade. Son un total de tres luminarias que cambiar agora a alumeado led de 40 watios en rúas moi próximas ao Camiño de Santiago como é a avenida dos Senadores, rúa Pintor Nelson Zumel e rúa Inés de Castro.
Con este novo sistema, optimízase a eficiencia enerxética destas rúas así como tamén unha mellora lumínica que tal e como apunta Dalia García, rexedora melidense “é un paso fundamental, ademais de retirarse fustes e sistemas obsoletos, adaptándoos á normativa europea”.
Con esta actuación, que tivo un investimento próximo aos 10.000 euros, “complétase así a retirada das denominadas luminarias globo, buscando unha mellor rendabilidade na factura tendo así as luminarias led un menor consumo eléctrico”, explicaba a rexedora melidense.