Novas

Máis novas

A Gala de Maxia Infantil Solidaria recolle máis de cincocentos quilos de alimentos

12/12/2017. A iniciativa foi posta en marcha polo Concello de Melide e o equipo de Cáritas Parroquial

MELIDE 12 de decembro de 2017.- A Gala de Maxia Infantil Solidaria que se celebrou en Melide o pasado venres dentro da programación do V Festival de Maxia recaudou máis de 500 quilos de alimentos non perecedoiros.

A recollida foi realizada polos voluntarios de Cáritas Parroquial de Melide nas dependencias da casa da cultura, lugar onde ás 19h tarde se celebraba a Gala de Maxia Infantil Solidaria e dende as 16h mantivo as súas portas abertas para realizar esta recollida. Leite, aceite, sal, azucre, pasta así como produtos de hixiene persoal foron os que máis se entregaron na recollida que se realizou.

Dende o Concello de Melide agradecen a colaboración de todos os veciños e veciñas da vila, así como dos diferentes establecementos que se achegaron ata esta instalación para doar os alimentos e diversos produtos.

SAN SILVESTRE SOLIDARIA

O Concello de Melide e Cáritas Parroquial xunto coa Asociación Deportiva Cerne poñerán en marcha unha San Silvestre Solidaria coincidindo co último día do ano que tamén terá un carácter solidario. A cita será na praza do Convento para os escolares ás 16.30h da tardee para os adultos ás 17h. A inscrición terá que facerse doando alimentos non peredoiros que posteriormente se repartirán entre as familias máis necesitadas da vila.

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp