- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide recupera a normalidade despois da Borrasca Ana
12/12/2017. O Concello de Melide agradece a colaboración de todos os equipos de mantemento e urxencias durante o pasado temporal
MELIDE 12 de decembro de 2017.- O forte vente e as choivas que azoutaron Galicia na xornada do pasado domingo, tamén se deixaron sentir en Melide cun día no que os ventos superaron con creces os 100km/h e as choivas tamén se deixaron sentir na vila, onde se produciron acumulacións de auga superiores aos 90 litros por metro cadrado.
Os operarios do Concello de Melide, Protección Civil e o Servizo de Bombeiros traballaron a reo durante toda a xornada dominicial así como tamén no día de onte para limpar de follas as principais estradas de Melide e parroquias, retirando árbores caídas que obstaculizaban o paso de peóns e vehículos, ou restos de fachadas e cobertizos, que foron arrancados co aire. Pese a que se acadaron unhas condicións climatolóxicas moi adversas, os servizos de emerxencias non tiveron que lamentar danos persoais.
A rexedora melidense Dalia García, agradecía o labor feito polos servizos de emerxencia e puntualizaba que tanto na vila como nas parroquias non se tiveron que lamentar danos persoais. Ao mesmo tempo, tamén apuntaba a que “grazas ás novas tecnoloxías para detectar a chegada destos temporais a xente queda nas súas casas e extrema as precaucións en días coma o pasado domingo, polo que axuda a que os equipos de emerxencia poidan realizar os seus traballos de maneira rápida e eficaz”.