- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O programa Toponimízate chega a Melide o vindeiro xoves
05/12/2017. Trátase dun programa que se pon en marcha dende a SXPL e a conferencia será impartida polo filólogo Vicente Feijóo Ares
MELIDE 5 de decembro de 2017.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia achegará a Melide o programa Toponimízate. A cita será este xoves 7 de decembro ás 12h da mañá no telecentro do edficio multiusos. Será unha conferencia na que se abordarán cuestións xerais sobre a toponimia galega e a súa importancia como patrimonio inmaterial canda a explicacións sobre os nomes de lugar de cada concello.
Ademais, o proxecto desenvolve unha aplicación para teléfono móbil que permitirá a calquera usuario recoller e localizar topónimos contribuíndo así á base de datos sobre toponimia do país. A iniciativa ten entre os seus obxectivos "a chegarlle á cidadanía de cada concello valiosa información sobre a historia do galego falado na súa contorna e sobre os modos de vida dos seus antepasados" a través dos nomes de lugar, "fomentar o uso da lingua galega entre a xente máis nova" ao empregala para se comunicar na recollida de topónimos, fomentar o emprego da nosa lingua nas novas tecnoloxías ou "fornecer os técnicos municipais das ferramentas necesarias que lles faciliten a tramitación de expedientes relacionados coa planificación e xestión do territorio", segundo recolle o web de Política Lingüística.
En Melide o xoves sera o filólogo Vicente Feijóo Ares, será o encargado de tratar temas relacionados tanto coa macrotoponimia como coa microtoponimia: significados de nomes de lugar, como buscar a toponimia xeorreferenciada, aplicacións que permiten á veciñanza colaborar para rexistrar e subir á rede topónimos maiores e menores, nomes de leiras, camiños, penedos, fontes, etc…
A conferencia celebrarase no edificio Multiusos de Melide ás 12h da mañá con entrada libre e gratuita.