Novas

Máis novas

Melide ofrece un “Concerto Doce” dentro do Itinerario Gastronómico da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

05/12/2017. Melindres, ricos e amendoados serán os protagonistas dunha actividade que terá lugar na capela de San Roque

MELIDE 5 de decembro de 2017.- O Concello de Melide ten programado dentro das súas actividades de Nadal celebrar o próximo xoves 7 de decembro un Concerto Doce que terá lugar na Capela de San Roque ás 20.30h da tarde.

Nesta ocasión promocionaranse os doces típicos de Melide: melindres, ricos e amendoados e soará a música do trío Moriatov para acompañar esta pequena cata que se celebrará na Capela de San Roque, lugar de paso obrigatorio polos milleiros de visitantes que visitan o noso municipio cada día.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, animaba a asistir a este evento “xa que se trata unha ves máis de poñer en valor os produtos típicos de Melide como son os doces tradicionais: melindres, ricos e amendoados que se poderán degustar coa música do trío Moriatov nun lugar como é a capela de San Roque un lugar emblemático da nosa vila,  cuxa fachada principal é unha das máis fermosas da arte medieval galega a carón dun dos cruceiros máis antigos de Galicia”.

Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dun itinerario gastronómico que se organiza dende a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para dar a coñecer os produtos típicos dos municipios que forman parte deste colectivo.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp