- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A Gala Infantil de Maxia recollerá alimentos para os máis necesitados
04/12/2017. Este ano como novidade a Gala Infantil de Maxia será terá compoñente solidario e recollerá na entrada da casa da cultura alimentos para Cáritas
MELIDE 4 de decembro de 2017.- O Concello de Melide realizará unha recollida de alimentos solidaria coincidindo coa Gala de Maxia Infantil que se celebrará na casa da cultura da vila este venres 8 de decembro ás 19h. Trátase dunha campaña de recollida de alimentos que se pon en marcha todos os anos por estas datas e dende o goberno local, considerouse que a Gala Infantil de Maxia era un bo evento para solicitar a colaboración dos veciños e veciñas de Melide.
Aínda que o espectáculo de maxia vai ter lugar ás 19h da tarde, voluntarios de Cáritas Parroquial de Melide estarán dende ás 16h na casa da cultura para recoller aqueles alimentos que os veciños e comercios queiran doar. Como adoita a acontecer con este tipo de campañas, dende Cáritas Parroquial puntualizan que os alimentos teñen que ser non perecedoiros, pereferiblemente aceite, leite, azúcar, conservas, produtos infantís, etc.. Unha vez rematada a xornada, Cáritas Parroquial de Melide encargarase de distribuir os alimentos entre as familias con máis necesidades da vila.
María Jesús López, concelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Melide apuntaba que se trataba dunha campaña que se pon en marcha anualmente nas datas de Nadal, e este ano “é unha oportunidade moi boa e especial para xuntar a solidariedade coa máxia nestas datas e que as familias con menos recursos disfruten dunhas festas onde os seus soños se fagan realidade”.
A Gala de Maxia Infantil que forma parte do V Festival de Maxia de Melide estará conducida por Luigy Ludus e levará por nome “Cantando bajo la magia”. A entrada será de balde ata completar aforo.