Novas

Máis novas

O campo de fútbol municipal de Melide volve estar en funcionamento tras unha renovación de céspede

14/04/2023. No día de onte celebráronse os primeiros adestramentos sobre a nova superficie.

O Club de Fútbol Cire de Melide xa retomou a súa actividade no campo de fútbol municipal logo de remataren os traballos de substitución do céspede. Esta importante infraestrutura deportiva volve así estar en funcionamento.

O campo de céspede foi substituído por un novo modelo sintético de última xeración que prolongará a súa vida útil. A obra supuxo un investimento de máis de 190.000 euros.

Estes traballos súmanse a tres importantes intervencións levadas a cabo no campo de fútbol, a posta en funcionamento dos catro vestiarios actualmente dispoñibles, a reforma da fachada exterior e a mellora dos accesos á instalación.

O equipo de goberno agradécelle á directiva do Cire, xogadores e familias a súa paciencia, comprensión e colaboración durante os traballos de mellora do campo de fútbol. O Concello habilitou un servizo de bus e chegou a acordos cos concellos de Palas e Santiso para que a actividade deportiva continuase en espazos destes dous municipios veciños mentres durasen as obras.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp