Novas

Máis novas

Melide contará cunha proba ciclista MTB de alto nivel :Desafío Cerne.

05/04/2023. Trátase dunha proba ciclista de Mountain Bike que se celebrará o 16 de abril e que discorrerá polos montes dos concellos de Melide, Toques e Palas de Rei.

O alcalde de Melide, José Manuel Penas, e o concelleiro de deportes, José Prado, acompañaron na tarde de hoxe os organizadores da proba Desafío Cerne na súa presentación.

Trátase dunha proba de Mountain Bike con saída e chegada no Cantón de San Roque de Melide e que discorrerá polos montes do Bocelo, punto máis alto da provincia de A Coruña, así como por outros cumios da serra do Careón, nos concellos veciños de Toques e Palas de Rei.

A proba presenta dúas distancias, unha de 35 quilómetros con un desnivel positivo acumulado de 805 metros e unha máis esixente de 63 quilómetros, cun desnivel positivo de 1840 metros.

A proba conta na actualidade con 250 inscritos, cunha participación de alto nivel entre os que destacan Gustavo César Veloso, gañador de etapas na Vuelta a España, Javi Busto, campión de europa na categoría XCM, Susana Alonso, campiona de españa e catro veces mundialista, Manuel Parada, campión da copa de españa XCO, entre outros.

As inscricións están abertas na plataforma web GaliTiming ata o vindeiro 14 de abril.

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp