- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O mapa do gasto municipal en educación en España do xornal El País salienta o importante investimento do Concello de Melide neste ámbito
20/03/2023. O estudo, publicado o pasado día 13, recolle datos de investimento neste eido de concellos de todo o Estado. Melide dedica case un 10% do seu orzamento para investimento educativo en infantil, primaria e educación especial da localidade.
O xornal El País, un dos medios de prensa escrita máis importantes do Estado, fixo público o pasado día 13 un mapa do gasto municipal en educación en España entre concellos de máis de 700 habitantes. Neste estudo, o Concello de Melide destácase no mapa galego por dedicar un 9,7% do seu orzamento a este ámbito. Isto significa un investimento anual por alumna/o de 496,68 €.
Actualmente, Melide dedica máis de 200.000 euros anuais para os centros de educación preescolar e primaria, e case 15.000 para educación especial no centro social. A estas cantidades, cómpre engadir o destinado á Escola Infantil municipal, que supera os 312.000 €.
Dende o Concello de Melide valórase moi positivamente esta distinción, que destaca o noso como un dos núcleos de poboación da área rural galega onde se fai un esforzo deste calibre para favorecer que as familias escollan o municipio como lugar de residencia e a mocidade conte coas mellores oportunidades de formación.