- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide pon en marcha a campaña de recollida de xoguetes de Nadal
01/12/2017. É unha iniciativa que parte da concellería de Igualdade e Benestar e que se organiza cada ano no mes de decembro
MELIDE 1 de decembro de 2017.- O Concello de Melide, a través da súa concellería de Igualdade e Benestar pon en marcha dende o día de hoxe e ata o 2 de xaneiro de 2018 unha campaña de recollida de xoguetes de Nadal.
O lugar de recollida será no social de Melide e os xoguetes terán que estar en bo estado para poder ser entregados. Dende o Concello de Melide explican que “os xoguetes teñen que estar en boas condicións e ten que poder xogarse con eles, senon non ten sentido que llos entreguemos aos rapaces se non os van poder utilizar”.
A campaña, que durará ata o 2 de xaneiro, pretende recoller un gran número de xoguetes para entregar entre a poboación máis necesitada do concello. Trátase dunha campaña que se pon en marcha anualmente por estas datas baixo o lema “Para que todas as nenas e nenos teñan agasallos no Nadal”.
Finalizado o prazo de entrega, os servizos sociais do Concello de Melide repartirán os xoguetes recollidos nesta campaña entre as familias con menos recursos da vila. Deste xeito, todos os rapaces e rapazas poderán gozar dun agasallo nun día tan especial e esperado para eles como é o día dos Reis, no que a ilusión e a diversión debe ser o que predomine en todos os nenos e nenas.