Novas

Máis novas

Melide contará con campamentos de Pascua para facilitar a conciliación familiar-laboral.

17/03/2023. As inscricións estarán abertas ata o 29 de marzo.

O departamento de Cultura do Concello de Melide organiza para os días 3,4,5 e 10 de abril, un completo programa de actividades dentro do programa "Campamentos de Pascua", dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos de idade. 

Os pequenos da casa realizarán diversas actividades: manualidades, xogos, experimentos, xincanas, contos, entre outras.

Os campamentos levaranse a cabo no Edificio Multiusos, en horario de 09:00h a 14:00h.

As inscricións poderanse realizar no Departamento de Cultura, na casa do Concello, ata o vindeiro 29 de marzo ou ben a través da sede electrónica do Concello de Melide.

Podes atopar a folla de inscrición na seguinte ligazón: https://cutt.ly/74aeIut




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp