Novas

Máis novas

Apróbase a licitación de obras de pavimentación en 10 puntos do rural de Melide

16/03/2023. Os traballos forman parte do POS+ 2/2022. O orzamento da obra achégase aos 345.000 euros.

A Xunta de Goberno local do Concello de Melide aprobou hoxe a licitación por procedemento aberto simplificado das obras de mellora da pavimentación de varios núcleos da área rural de Melide, entre os que salientan os das parroquias de O Barreiro e San Salvador. As obras forman parte da segunda fase do POS+AD 2/2022 da Deputación da Coruña.

As intervencións, todas elas en aglomerado en quente, localízanse nos seguintes puntos do termo municipal: acceso ao Mato e ao Barreiro, acceso a Goxán e a Andeán na parroquia de San Salvador, a pista do Formigueiro na parroquia de Grobas, accesos ao Vilar e Trasfontao na parroquia de Moldes, acceso a Zaramil pola Martagona, accesos á Cooperativa e a Rúa Marqués Mariano.

O orzamento desta obra ascende a 344.579,14 euros, incluíndo o IVE.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp