- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Aprobada en Xunta de Goberno a licitación da reposición do camiño de Petos (Furelos)
09/03/2023. As obras licitáronse por procedemento aberto simplificado cun orzamento de 50.152,20 euros. Estes traballos están incluídos no POS+ adicional 2/2022.
O Concello de Melide levará a cabo obras de reposición do camiño do núcleo de Petos, na parroquia de Furelos. A Xunta de Goberno local do 9 de marzo aprobou a licitación do proxecto, que contempla unha intervención nun tramo de vía de 1,1 quilómetros que se atopa moi deteriorado polo uso.
As obras levaranse a cabo segundo un esquema que inclúe a apertura e limpeza de cunetas, así como a formación da base en sobreanchos. Procederase á retirada do actual asfaltado e á instalación de afirmado e medias cañas. Posteriormente, estenderase unha capa de aglomerado. As obras rematarán cun acabado e limpeza das calzadas.
Todos os tramos do vial sobre o que se actuará están a cargo do Concello. En total a superficie abarcada polas obras será de 4.382,5 metros cadrados.
O orzamento de licitación da obra sitúase nos 50.152,20 euros, IVE incluído. O prazo de execución dos traballos será de tres meses.