- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Maxia, cine, deporte, teatro e concertos entre as actividades da programación do Nadal Cultural do Concello de Melide
30/11/2017. A concellería de Cultura e Deportes do Concello de Melide programa actividades dende o vindeiro sábado 2 de decembro cun monólogo teatral #Oslímitesdofrío e ata o 8 de xaneiro coa Gala de final de Campaña “Este Nadal Toca en Melide” de Asetem
MELIDE 30 de decembro de 2017.- O Concello de Melide, dende a súa concellería de Cultura e Deporte poñerá en marcha un amplo programa de actividades que comezarán este sábado co monólogo teatral #Oslímitesdofrío dirixido por Lois Blanco coa interpretación de Alejandro Carro que terá lugar na Casa da Cultura de Melide ás 21.30h con entrada libre e gratuita. A programación de Nadal finalizará o 8 de xaneiro coa Gala Final de Campaña “Este Nadal Toca en Melide” de Asetem.
O 7 de decembro Melide acollerá unha iniciativa que se enmarca dentro das “Rutas Gastronómicas” da Mancomunidade de municipios galegos do camino francés” onde se promocionarán os doces típicos de Melide a través dun concerto musical na Capela de San Roque.
O Festival de Maxia chegará a Melide os días 8,9 e 10 de decembro, serán tres días cheos de espectáculos en moitos lugares da vila para todos os públicos. En Melide reuniranse magos chegados dende diferentes partes do mundo.
A coral polifónica terá a súa cita co Festival de Panxoliñas o sábado 16 de decembro. Día no que tamén Melide acollerá a inauguración da Feira Agroalimentaria Manxares, que promocionará os produtos da terra e que se prolongará ata a xornada do domingo 17 de decembro.
Nas vésperas de Nadal, o sábado 23, a casa da cultura da vila acollerá a obra de teatro “Chegará o Nadal?”, unha peza interpretada polo alumnado da Escola de Teatro Municipal. O alumnado de gaita, percursión e pandeireta das escolas do Concello de Melide cantará os Reis polas rúas e comercio da vila o mércores 27 de decembro.
Os contos de Nadal na biblioteca ou o concerto de Mamá Cabra, celebraranse o 28 e 29 de decembro respetivamente, sendo unha clara aposta para o ocio dos máis cativos xunto co cine infantil que terá lugar na casa da cultura na primeira semana do mes de xaneiro.
Os máis deportistas poderán rematar o ano correndo a San Silvestre Solidaria Melidense que colaborará como ano pasado con Cáritas Melide, unha actividade organizada pola Asociación deportiva Cerne.
Como cada ano, o Concello de Melide organiza unha excursión para patinar sobre xeo que terá lugar en Santiago de Compostela o mércores 3 de xaneiro. As inscricións teñen que facerse no departamento de Cultura nas dependencias municipais.
Os Reis Magos chegará a Melide na tarde do 5 de xaneiro, dende as dependencias municipais organizan unha gran festa para recibilos.
OCIO NADAL MELIDE 2017
Como acontecía o ano pasado o Concello de Melide dará continuidade á iniciativa Ocio Nadal Melide. No pazo de congresos e exposicións de Melide instalarase unha pista artificial de xeo, con coches eléctricos, inchábles, miniexcalextric e talleres de pintura. Un espazo de ocio dirixido ao público infantil nas tardes de ocio de Nadal.
CAMPAMENTOS DE NADAL
Melide contará durante as vacacións de nadal dos máis cativos cun campamento que se celebrará na piscina municipal entre o 26 e 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro.