- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide conta cunha nova senda peonil de acceso a Área Recreativa de Furelos
09/02/2023. A obra responde a unha solicitude realizada polo equipo de goberno á Subdelegación de Goberno en A Coruña
O Concello de Melide conta cunha nova senda peonil nun tramo da antiga N-547, na parroquia de Furelos.
Trátase dunha zona de paseo moi utilizada, en especial na época estival, xa que da acceso a Área Recreativa de Furelos.
Os traballos foron realizados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), logo da solicitude realizada polo equipo de goberno, que consideraba necesaria unha maior seguridade para os peóns.