Novas

Máis novas

O Concello de Melide arrinca a promoción da campaña “Melide destino...os domingos de Melide” nas redes sociais

02/02/2023. A campaña ten como obxectivo animar aos turistas e persoas doutros concellos a visitar o noso municipio para os seus plans de ocio e consumo da fin de semana.

MELIDE 2 de febreiro de 2023.-  O Concello de Melide, a través da Concellería de Promoción Económica, arrinca a promoción da iniciativa “Melide destino...os domingos de Melide” nas redes sociais.

Esta tarefa de divulgación e difusión dos grandes atractivos da vila  ten como obxectivo animar aos turistas e persoas doutros concellos a visitar o noso municipio para os seus plans de ocio e consumo da fin de semana.

Melide conta cunha gran oferta de actividades, ocio, comercio, e hostalería para gozar dun domingo diferente. Para trasladar esta idea, o Concello difundirá a través das súas redes sociais diferentes recursos para amosarlle ao mundo o forte potencial da localidade, afianzando ao noso concello como o lugar de turismo por excelencia no cerne de Galicia.

 

Nesta liña, o concelleiro de Promoción Económica sinala: “a campaña destacará que en Melide podemos comprar todo tipo de produtos de forma rápida e de confianza. O noso concello é o lugar ideal para pasar unha boa fin de semana”

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp