Novas

Máis novas

O Concello de Melide colabora coa Igrexa Parroquial na retirada dos niños de cegoña.

30/01/2023. A retirada dos niños conta coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente.

MELIDE 30 de xaneiro de 2023.-  Esta mañá comezaron os traballos de retirada de dous niños de cegoña, ubicados na cornixa da torre do campanario e na do cupulín da Igrexa de Sancti Spiritus de Melide.

Os traballos de retirada dos niños responden principalmente a unha cuestión seguridade. Tanto polas súas dimensións como polo peso e ubicación, supoñen un risco elevado de desprendemento sobre a vía pública o que afecta a seguridade dos viandantes.

A retirada dos niños, pese que as cegoñas figuran como especie de fauna silvestre protexida, foi autorizada pola Consellería de Medio Ambiente trala solicitude realizada polo Concello de Melide.

A colaboración entre o Concello de Melide, a Igrexa Parroquial e a empresa local, Suministros Industriais Cire, que facilitou de balde a maquinaria necesaria para acceder ata a ubicación dos niños, fixo posible a realización desta actuación.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp