Novas

Máis novas

Melide reduciu case 25 veces o tempo medio para o pagamento a provedores dende 2016

13/01/2023. Actualmente, o período medio de pagamento global a provedores é de 1,65 días, tal e como recoñece o Ministerio de Facenda e Función Pública.

 O Concello de Melide conseguiu levar a cabo nos últimos anos unha notable redución dos períodos de espera dos provedores municipais para o cobro polos seus servizos. Tal e como vén de recoller o Ministerio de Facenda e Función Pública, no cuarto trimestre do pasado 2022 o período medio de pagamento global a provedores situouse en Melide en 1,65 días, fronte ao 1,71 do ano 2021. En 2020 este período fora de 1,62 días, cun importante descenso dende os 8,37 días de 2019.

A diminución faise máis acusada se temos en conta os tempos medios de anteriores exercicios. Deste modo, a finais de 2018 o tempo medio para o pagamento a provedores era de 8,66 días, por 37,83 en 2017 e 40,52 no ano 2016.

O concelleiro de Facenda, Xosé Igrexas, considerou que o constante descenso nas cifras de tempo de espera para o pagamento a provedores aumenta “a fiabilidade do Concello de Melide como pagador” e transmite “confianza de cara a provedores e empresas que prestan servizos ao concello”. Neste sentido, o edil considerou que “as institucións públicas debemos dar exemplo de rigor, confianza e seriedade”, algo no que o Concello de Melide “está a conseguir, e así o avala o Ministerio, importantes avances nos últimos anos”. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp