- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Rematan as obras de asfaltado no polígono da Madanela
14/12/2022. Os traballos leváronse a cabo por segundo ano consecutivo para asegurar o estado óptimo dunhas vías que soportan diariamente un importante volume de tráfico pesado.
MELIDE 12 de decembro de 2022.- O Concello de Melide rematou as obras de mellora do asfaltado no polígono da Madanela, que incluíron actuacións en varias vías do espazo. O alcalde, José Manuel Pérez, e o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, José Prado, achegáronse ao lugar para coñeceren de primeira man o resultado dos traballos.
Tanto José Manuel Pérez como José Prado salientaron a boa calidade da obra e lembraron que este é o segundo ano consecutivo no que se mellora o asfaltado do polígono. Trátase, sinalaron, dunha intervención que procura mellorar as condicións de uso dun espazo fundamental para a economía local como é o polígono da Madanela. Unha área que soporta diariamente un volume notable de tráfico pesado que pode erosionar visiblemente o asfaltado, motivo polo que o Concello concede especial importancia a estes labores de mantemento.