- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Este venres arrinca a XXXII Semana da Música da Terra de Melide , que contará con 17 actuacións de grupos e solistas
17/11/2022. Dezasete actuacións conforman este ano a ampla oferta cultural que albergará o Centro Sociocultural Mingos de Pita. As dúas últimas fins de semana do mes concentran un grande número de actuacións de grupos e solistas da comarca.

MELIDE 17 de novembro de 2022.- A Coral Polifónica, co patrocinio do Concello de Melide, organiza un ano máis a Semana da Música da Terra de Melide, que neste 2022 acada a súa trixésimo segunda edición. Un ano máis, o evento serve para promover e difundir a música da nosa comarca. Seis días cheos de ritmo que dan un importante pulo a grupos e solistas melidaos e da comarca. Todas as actuacións terán lugar no Centro Sociocultural Mingos de Pita ás 20.30h do respectivo día. O evento celébrase en lembranza de Javier Rodríguez Pampín, exalcalde de Melide finado o pasado mes de agosto, que foi presidente e membro activo da Coral Polifónica.
As actividades arrincan mañá, venres 18, coas actuacións da Bandiña de Melide, Kase7e e Cuarta Xusta. Posteriormente, o sábado 19, terán lugar as actuacións de Suso Ascariz, da Charanga Os Amigos de Visantoña e Os Melidaos.
O domingo 20 actuarán a Banda-Escola de Música de Visantoña, a Coral Polifónica Vía Sacra de Sobrado dos Monxes e a Asociación A Maristela, do mesmo municipio.
A seguinte fin de semana chega tamén cargada de boa música. O venres 25 actuarán Pozo Pequeno e os solistas Xoán Curros e Irene Ruíz. Ao día seguinte, sábado 26, ofrecerán o seu espectáculo Froito Novo, a Coral Polifónica de Santiso e Leirabuxo.
Poñen o broche a unha semana para os melómanos e amantes da nosa cultura tradicional, o domingo 27, Herba Grileira e a Coral Polifónica de Melide.