Novas

Máis novas

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural somete a información pública o estudo de iniciación da Parcelaria de Baltar-Golán-Grobas

15/11/2022. O prazo para realizar achegas é dun mes dende o seguinte día a súa publicación no DOG

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural somete, dende o día de hoxe, a información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestructuración da Parcelaria de Baltar-Golán-Grobas.

Durante un mes, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta no concello, así como na páxina web da Consellería de Medio Rural.

Durante este prazo, as persoas interesadas poderán realizar as achegas que consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp