- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide traballa na limpeza de sumidoiros de cara a época de inverno
27/11/2017. Os traballos realizanse estes días no polígono industrial da Madanela e con anterioridade executáronse no casco urbano
MELIDE 27 de novembro de 2017.- O Concello de Melide leva varias semanas traballando na limpeza das canalizacións de recollida de pluviais do núcleo urbano de Melide co obxectivo de preparar os sumidoiros de cara á proximidade do inverno e o aumento das chuvias, especialmente despois dunha temporada longa de escasas precipitacións no que as arquetas adoitan quedar tupidas.
Unhas tarefas coas que se pretende baleirar as canalizacións e deixalas limpas co obxectivo de favorecer o paso da auga e, en consecuencia, reducir o risco de inundacións. A alcaldesa de Melide, Dalia García, califica os traballos de “preventivos” e aínda que este ano o outono está sendo moi seco, considera que son actuacións “moi necesarias, tanto para manter en bo estado os sumidoiros como para minimizar o perigo de asolagamentos unha vez que cheguen as choivas”. A rexedora melidense facía fincapé na “profunda limpeza realizada nas rúas máis antigas da vila, onde foi necesario realizar os traballos máis meticulosamente xa que pola súa estrutura soen atascarse máis a miúdo”.
Esta actuación incluese dentro dos traballos de mantemento que se levan a cabo periódicamente pola concellería de Obras e Servizos do Concello de Melide.