- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
23/10/2022. Conxunto de intervencións dirixidas á población infantil de 0 a 6 anos, á su familia e ao seu entorno.
- QUE É O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ?
Conxunto de intervencións dirixidas á población infantil de 0 a 6 anos, á su familia e ao seu entorno. O obxectivo é darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
- QUEN PODE ACCEDER?
A poboación infantil de 0 a 6 anos e as súa familia empadroados nos concellos de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar
- QUEN PRESTA ESTE SERVIZO?
Un equipo profesional específico conformado por unha psicóloga, logopeda e terapeuta ocupacional.
- TEN ALGÚN CUSTO?
Non, é totalmente gratuíto.
- ONDE SE PRESTA ESTE SERVIZO?
No Multiusos de Ponte Queimadas (Lugar de Souto) na praza do velorio.,15806-Toques.
- COMO PODO SOLICITALA?
- A través do servizo de pediatría
- telefónicamente 672 167 721, ou ben escribindo ao enderezo electrónico atenciontemperatoques@gmail.com