- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide conta cun novo tractor para o manter limpas as parcelas municipais
24/11/2017. Melide atópase entre os concellos beneficiarios da axuda de Medio Rural para a adquisición deste tractor que axudará aos concellos na prevención contra os lumes
MELIDE 24 de novembro de 2017.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto con membros do seu equipo de goberno, recibiron hoxe un novo tractor para facer fronte á loita contra os lumes. Este novo vehículo permitirá mellorar a roza das fincas municipais e as faixas, previndo así futuros incendios na localidade.
O Concello de Melide adquire este novo tractor grazas a unha achega da Consellería de Medio Rural para axudar aos concellos nos seus labores coa prevención de incendios.
A adquisición deste tractor por parte do Concello de Melide axilizará as campañas de desbroce na vila e nas parroquias do rural “ofrecendo así aos concellos medios propios para poder loitar contra o lume a maiores das brigadas medioambientais”, puntualiza Dalia García. A rexedora melidense agradecía unha vez máis a colaboración da Consellería de Medio Rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais”.