- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A subdelegada do goberno en A Coruña destaca a Melide como referencia na loita contra a violencia machista.
20/09/2022. Na reunión de traballo mantida na mañá de hoxe a subdelegada destacou a Melide por facer uso de todos os instrumentos postos a disposición dos Concellos para a loita contra a violencia machista.
MELIDE 20 de setembro de 2022.- María Rivas, subdelegada do Goberno en A Coruña, visitou esta mañá o Concello de Melide para abordar as transferencias do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e estreitar a colaboración nesta materia.
Durante a reunión na que estiveron presentes a subdelegada do Goberno, María Rivas, o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, a concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Carmen Liñeira, a concelleira de Educación, Chus Iglesias, así como responsables do Centro de Información da Muller (CIM), Policia Local, e a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Maribel Álvarez, a subdelegada agradeceu ao alcalde e a Carmen Liñeira, o alto nivel de colaboración, destacando a Melide como referencia na loita contra a violencia machista por facer uso de todos os instrumentos postos a disposición dos concellos por parte do Goberno.
Despois da reunión visitouse a unidade especializada en Violencia de Xénero (unidade Vioxén) no cuartel da Garda Civil de Melide e o Centro Social Municipal, no que a subdelegada coñeceu de primeira man os traballos realizados nesta materia.