Novas

Máis novas

Convocatoria, modelos de solicitude e datas do obradoiro dual de emprego «Melide-Arzúa-Toques-Santiso: Natureza no Camiño de Santiago»

06/09/2022. A documentación pódese descargar no apartado de Convocatorias da páxina web

Publicadas as Bases para a selección do alumnado traballador e persoal do Obradoiro  dual de emprego « Melide-Arzúa-Toques-Santiso: Natureza no Camiño de Santiago ».

As persoas que foron preseleccionadas mediante oferta de emprego na Oficina de Emprego de Melide recibirán unha chamada dende os Concellos promotores para darlles información.

Para participar no proceso selectivo, as persoas preseleccionadas, deberán presentar a solicitude xunto coa documentación  a baremar, ata o día 13 de setembro de 2022 no rexistro do Concello de Melide ou por calquera dos lugares establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común.

data e hora das entrevistas é a seguinte:

POSTOS DATA E HORA
Alumnado-Traballador dos Concellos de Toques e Santiso Día 15/09/2022 ás 09:30 horas
Alumnado-Traballador do Concello Arzúa Día 15/09/2022 ás 10:00 horas
Alumnado-Traballador do Concello Melide Día 15/09/2022 ás 12:00 horas
Mestres/as de Especialidade Día 16/09/2022 ás 09:00 horas
Mestre/a para a orientación, asesoramento, información e formación profesional Día 16/09/2022 ás 11:00 horas
Mestre/a de Educación Básica Día 16/09/2022 ás 13:00 horas
Director/a Día 19/09/2022 ás 09:00 horas
Auxiliar Administrativo Día 19/09/2022 ás 11:00 horas

Lugar das entrevistas: Edificio Multiusos. Praza das Universidades s/n 15800 Melide:

https://goo.gl/maps/UN8wNYzga2PAHK1d6




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp