Novas

Máis novas

Preto de 300 nenos participan nun intercambio deportivo contra a violencia de xénero

23/11/2017. O CEIP da Martagona de Melide realizou un intercambio deportivo co CEIP Santo Tomé do Carballo de Taboada na vila co lema “O deporte escolar di: non á violencia de xénero

MELIDE 23 de novembro de 2017.- A actividade deportiva do alumnado de infantil e primaria foi utilizada polo CEIP da Martagona e polo CEIP Santo Tomé do Carballo de Taboada para concienciar aos máis pequenos da igualdade de xénero.  Ámbolos dous colexios, realizaron na mañá de hoxe un intercambio deportivo que tivo lugar no pabellón do Concello de Melide.

Ao longo de toda a mañá, preto de 300 alumnos e alumnas participaron en diferentes actividades deportivas. O baloncesto, as carreiras de relevos, o beisbol ou o brilé foron as diferentes modalidades de deporte que practicaron os máis cativos baixo o lema “O deporte escolar di: non á violencia de xénero”.  Ao final da mañá, fíxoselles entrega dun pequeno agasallo para todos os participantes.

O Concello de Melide, dende a súa concellería de Deportes, colaborou de maneira activa nesta actividade escolar “xa que iniciativas coma esta axudan aos máis cativos a relacionarse cos seus iguais practicando deporte e ao mesmo tempo baixo a concienciación contra a violencia de xénero. Só a formación e información dos máis cativos axudará a formar persoas adultas que rexeiten nun futuro calquer tipo de violencia”.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp