Novas

Máis novas

O Concello de Melide dá a coñecer as obras premiadas do II Premio Relato Curtos en Prol da Igualdade

16/05/2022. O relato

MELIDE, 17 de maio de 2022-. O Concello de Melide dá a coñecer as obras e autoras premiadas do  II Premio de relato Curto en prol da Igualdade do Concello de Melide.

O xurado do dito premio estivo formado polos seguintes membros:

Presidenta: Carmen María Liñeira Sánchez

Secretario: Joaquim Vázquez Rodríguez

Vogais: Angela López Vázquez

              Silvia Cea Vázquez

              José Manuel Pampín Villar.  

Logo da análise das 6 obras presentadas ao dito premio, o xurado, por unanimidade, e segundo as bases que rexen o dito premio literario, premia os seguintes relatos curtos:

Primeiro premio, cunha contía económica de 350 euros, para o relato curto  Caladas non estamos máis guapas!, de Ariadna Penín Miguélez, de Melide.   

Segundo premio, cunha contía económica de 200 euros, para o relato  O mandil de Carme, de Alba Rial González , de Melide

Terceiro premio, cunha contía económica de 150 euros, para o relato Nós, loving indómitas, de Alba Sánchez Ares, de Santiago de Compostela

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp