- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide prepara a posta a punto da área destinada as autocaravanas e caravanas no Campo da Feira
23/11/2017. A área sitúase moi próxima ao Camiño de Santiago polo que dende o Concello de Melide entenden que esta característica ofrecerá maiores posibilidades de aproveitamento do espazo
MELIDE 23 de novembro de 2017.- Melide conta dende hai un tempo cunha área destinada para o aparcadoiro de autocaravanas e caravanas que se sitúa no Campo da Feira. Dado a súa proximidade do Camiño de Santiago a este lugar, dende o ente local, entenden que esta característica vai a beneficiar o mellor aproveitamento deste espazo, acollendo a familias e visitantes que utilizan este medio de transporte para coñecer Galicia.
Esta iniciativa posta en marcha polo Concello de Melide permitiu ademais de ofrecer un servizo de carácter público aos conductores, recuperar un amplo espazo que ata o momento se atopaba sen uso. Aínda que a explanada do Campo da Feira era destinado a aparcadoiro, coas últimas modificacións sinalizáronse prazas de maior dimensión para autobueses, camións, autocaravanas e caravanas.
Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que “pola súa proximidade ao centro da vila, este espazo de aparcadoiro é unha boa alternativa para este tipo de vehículos que son máis grandes cos outros e así con este espazo específico evitaremos conxestións circulatorias no centro urbano”. Ademais García apunta a que “estase acondicionando a zona con vertido de augas sucias e outros servizos, para ofrecer aos visitantes que cheguen a Melide con este tipo de transporte un servizo completo”.
Dende o Concello de Melide adiantan que a inauguración deste espazo para estes vehículos será a comezos do vindeiro ano 2018, para a que xa se prevé a asistencia de numerosas asociacións de caravanas e autocaravanas que celebrarán a súa Asamblea Xeral na vila.