Novas

Máis novas

O Concello de Melide pon en marcha unha nova campaña de desbroces nas parroquias

04/10/2017. A Concellería de Obras do Concello de Melide pon en marcha cada verán a Campaña de Desbroces nas parroquias co fin de garantir a seguridade de viandantes e conductores. Dende a Concellería de Medio Ambiente faise un chamamento a todos aqueles veciños para que limpen as súas fincas de maleza para evitar incendios.

A Concellería de Obras e Servizos do Concello de Melide pon en marcha como cada verán unha nova campaña de desbroces nas 26 parroquias da vila. 

Trátase dunha campaña que se pon en marcha para mellorar a seguridade tanto de viandantes como de conductores que utilizan normalmente as estradas do rural para circular no seu día a día.

Aínda que a campaña de desbroces do Concello de Melide xa comezou no mes de marzo coas acción en pistas non asfaltadas é agora cando se fai especial fincapé nos viarios públicos asfaltados. Dende a concellería de Obras do Concello de Melide traballan a reo para realizar os traballos de desbroce. Tal e como explica rosa Cabado, concelleira de Obras e Servizos do Concello de Melide “a partires das vindeiras semanas incrementaranse os traballos debido a que unha brigada composta por doce operarios realizará tamén desbroce de maneira manual para poder acceder a lugares nos que as máquinas non o poden facer”. 

Limpeza de solares
Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Melide, fan un chamamento á responsabilidade dos veciños e veciñas de Melide para que manteñan os seus solares limpos de maleza sobre todo nestes meses de verán no que as altas temperaturas poden provocar incendios. Tal e como explican ano a ano dende o Concello de Melide o incumprimento desta norma conleva sanción económica. Ademais serán os propietarios dos terreos os que teñan que asumir o custo dos traballos de limpeza no caso de que sexa o Concello quen os realice. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp