Novas

Máis novas

O Concello de Melide incrementa por segunda vez neste mandato as horas adicadas a persoas dependentes no Servizo de Axuda no Fogar.

04/03/2022. O servizo refórzase cun incremento de 6000 horas anuais de axuda no fogar ás persoas en situación de dependencia.

MELIDE 4 de marzo de 2022.-  O Concello de Melide ven de aprobar un aumento de horas no Servizo de Axuda no Fogar polo cal se verán beneficiadas persoas maiores con déficit de autonomía ou persoas con discapacidade que precisen de atención nas actividades básicas da vida cotiá.

Con este incremento, acádase unha cifra record nas horas adicadas a este servizo, cun total de 47.748 horas anuais que permiten minorar considerablemente a lista de agarda que presenta na actualidade.

A Concelleira de Política Social e Igualdade, Carmen Liñeira, destaca “ o Servizo de Axuda no Fogar é moi demandado polos nosos veciños/as ao tratarse dun concello cuxa medida de idade é moi elevada, polo que supón unha gran satisfacción poder chegar a cada paso a máis fogares para mellorar a calidade de vida das persoas.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp