Novas

Máis novas

O Concello de Melide agradece a Jim Sports o seu patrocinio da Liga de Pádel

10/02/2022. Jim Sports é o patrocinador deste evento deportivo local. O concelleiro de Deportes, José Prado, visitou onte as instalacións da empresa en Palas de Rei en compañía do xerente da mesma, Jim Graña.

MELIDE 10 de febreiro de 2022.- O concelleiro de Deportes de Melide, José Prado, visitou onte as instalacións da empresa Jim Sports, en Palas de Rei, patrocinadora da Liga de Pádel de Melide. O edil coñeceu as instalacións desta empresa punteira no ámbito deportivo, acompañado polo xerente da mesma, Jim Graña, e agradeceulle persoalmente o seu patrocinio desta liga na que actualmente participan 19 parellas.

Durante a xuntanza, dende a empresa comunicaron que ademais de co patrocinio colaborarán cedendo un agasallo consistente en material deportivo a cada participante na liga.

“Dende o Concello de Melide expresamos o noso agradecemento a Jim Sports por unha nova colaboración a prol do deporte local”, sinalou o concelleiro José Prado, pondo en valor a boa sintonía entre o Concello e distintos axentes sociais e económicos para a organización de eventos deportivos e a promoción de hábitos de vida saudables.

Do mesmo xeito, o edil referiuse ao enorme incremento na práctica do pádel rexistrado no concello dende que se automatizou o servizo de reserva de pista e se melloraron as instalacións, separando os usos do Palacio de Congresos. “É un punto de referencia para toda a nosa comarca e concellos limítrofes pola facilidade de acceso”, asegura José Prado. O edil sinalou que no último ano se rexistraron case 1.600 reservas nas instalacións de pádel en interior.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp