Novas

Máis novas

O Concello de Melide pon en valor a Fonte de San Xoán de Furelos

31/01/2022. A fonte, de mediados do século XX, serve de abastecedora de agua para os veciños de Furelos e para os camiñantes que discorren pola variante francesa.

MELIDE 31 de xaneiro de 2022.- O Concello de Melide anunciou o remate dos traballos de mellora da fonte de San Xoán de Furelos, abastecedora de auga para os veciños da parroquia de Furelos e para os camiñantes que discorren polo Camiño Francés.

Esta actuación comprendeu a limpeza de matorral nos arredores da fonte e mais a limpeza da fronta da mesma, mantendo o magnífico exemplar de loureiro real, árbore característica das fontes populares. A fronte da fonte foi limpada, repóndose o cano e incorporándose laxes de pedra do país.

Co obxectivo de dotar de seguridade ao conxunto e ao tratarse dun terreo en forma de ribada, incorporouse un muro de formigón que quedou tapado polo terreo e por un murete de mapostería que une a fonte co Camiño de Santiago. Entre o murete e a pista, ao longo do muro, instalouse un solo de pezas irregulares de pedra do país, coa cara sen labrar e acabado natural.

O orzamento total da obra ascendeu a 24.116 €.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp