Novas

Máis novas

Melide contará con 6 prazas na Campaña de Neve 2022 da Deputación de A Coruña

29/11/2021. A actividade celebrarase entre os días 11 e 14 de febreiro na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias.

A Deputación de Coruña, dentro do programa "Campaña da Neve 2022"  concedeulle ao Concello de Melide 6 prazas para rapaces con idades entre os 12 e os 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro do 2021). A viaxe celebrarase na 5º quenda, estre os días 11 e 14 de febreiro do ano 2022.

As inscricións para participar na Campaña de Neve 2022 deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello entre o 30 de novembro e o 14 de decembro, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00h.

Terán preferencia os rapaces que non foran a ninguna campaña de neve da Deputación Provincial. No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público na casa do Concello, o xoves 16 de decembro ás 12:00h, e avisarase por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

Cada participante aboará unha cota de participación de 85 euros que deberá ser aboada unha vez se confirme a praza. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp